A noite tamén é para correr
A noite tamén é para correr
Pontevedra será escenario o 26 de decembro dunha carreira especial
A partir do 1 de decembro as inscripción faranse na sede de Diario de Pontevedra de maneira gratuita. Unha proba participativa con premios e chocolate para todos
Consultas en fiestahqr@diariodepontevedra.es
O sábado 26 de decembro só a luz da lúa e a luz dos farois guiarán aos atletas que participen nunha carreira moi especial, a que se celebrará polas rúas da Zona Monumental de Pontevedra aproveitando o modelo de peonalización da cidade do Lérez. A proba pasará pola maioría das prazas (A Ferrería, Cinco Rúas, García de la Riega, Teucro, Curros Enríquez, Mugartegui e da Leña) de Pontevedra, de aí a súa denominación: A carreira das prazas. Tamén será especial porque terá carácter participativo e non será competitiva (os atletas recibirán un chocolate ao pasar a liña da meta). Ademáis debido o fácil perfil, o seu percorrido será unha preparación para a tradicional San Silvestre do 31 de decembro.
Percorrido.- A Ferrería, Michelena, Bastida, avenida de Santa María, Isabel II, praza das Cinco Rúas, Barón, Maceda, praza Celso G. de la Riega, rúa Real, praza Curros Enríquez, Don Gonzalo, César Boente, praza de Mugartegui, Gregorio Fernández, Sarmiento, Pasantería e Antonio Odriozola. Dúas voltas (1.300 m. cada volta).
Úlima edición por FestaHQR! fecha: 02-12-2009 a las 12:37